Un ghrupo de sientíficos da Universidade de Vigho e o Australian Museum encontrou no Ghrove un novo exemplar de crustáseo endémico de Ghalisa. Denominárono ''Uromunna naherba'' e pertense á orde dos isópodos.
Estes seres están distribuídos en toda clase de medios, espesialmente nos marinhos, aínda que existen tamén espesies terrestres e de augha dose. Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as folhas das plantas como nos rizomas, o talo subterráneo, aínda que as femias que portan ovos tenden a vivir máis nestes últimos.

Os individuos dunha poboasión reprodúsense entre eles, sen que haxa mestura entre poboasións.
Non son comestibles e, polo tanto, non tenhen interese comersial. A nova espesie encontrouse nas pradarías submarinas en densidades de ata 900 individuos por metro cadrado nalghúns casos. A reprodusión de Uromunna naherba ten lughar ao longho de todo o ano. Non obstante, os sientíficos observaron que as femias portadoras de ovos son máis frecuentes a finais de primavera e en verán. Este feito coinside co momento do siclo anual da planta no que as folhas e os risomas alcansan o seu máximo tamanho, e pon á súa disposición maior substrato e alimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario