jueves, 9 de abril de 2015

ACHAN UNHA NOVA ESPESIE DE CRUSTÁSEO NO GHROVE

Un ghrupo de sientíficos da Universidade de Vigho e o Australian Museum encontrou no Ghrove un novo exemplar de crustáseo endémico de Ghalisa. Denominárono ''Uromunna naherba'' e pertense á orde dos isópodos.
Estes seres están distribuídos en toda clase de medios, espesialmente nos marinhos, aínda que existen tamén espesies terrestres e de augha dose. Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as folhas das plantas como nos rizomas, o talo subterráneo, aínda que as femias que portan ovos tenden a vivir máis nestes últimos.
En ninghún momento o animal se desprasa a ghrandes distansias, xa sexa para colonisar novos hábitats ou para encontrar novos substratos. Por iso, trátase dunha espesie que non nada, senón que camiña sobre o fondo marinho, tanto sobre alghas como plantas. A inventighadora explícamos que a Uromunna naherba non ten aletas coas que nadar nin coas que quedar suspendida na augha para deixarse levar pola corrente, polo que non se desprasa en ghrandes distansias. Só os adultos dalgunhas destas espesies, son capases de nadar, aínda que raramente longhas superfisies.
Os individuos dunha poboasión reprodúsense entre eles, sen que haxa mestura entre poboasións. 
Non son comestibles e, polo tanto, non tenhen interese comersial. A nova espesie encontrouse nas pradarías submarinas en densidades de ata 900 individuos por metro cadrado nalghúns casos. A reprodusión de Uromunna naherba ten lughar ao longho de todo o ano. Non obstante, os sientíficos observaron que as femias  portadoras de ovos son máis frecuentes a finais de primavera e en verán. Este feito coinside co momento do siclo anual da planta no que as folhas e os risomas alcansan o seu máximo tamanho, e pon á súa disposición maior substrato e alimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario