viernes, 28 de noviembre de 2014

A LINGHUA MATERNA NON SE ESQUECE XAMAIS

Un estudo publicado en PNAS sinala que os sons dun idioma que escoitamos antes de 2 anos, mesmo sen saber falar, quedan gravados para sempre.


As palabras que escoitamos antes dos dous anos, mesmo antes de poder falar, quedan para sempre no noso serebro.  A linghua que os rapases escoitan na casa, mesmo de bebés, queda para sempre ghravada.
Os sons característicos dun idioma aprendidos durante a primeira infansia, antes dos dous anos, non se esquesen nin aínda deixando de oílos en anos. Así o indican os resultados dun estudo mediante resonansia magnética sobre os serebros de nenas chinesas adoptadas por familias de fala fransesa.
Un estudo, publicado esta semana na revista PNAS, revela que o serebro recoñese o idioma materno (neste caso, o chinés) a pesar do uso nada habitual da linghua.
Para determinar se o serebro era capas de reter a linghua, Pierce e os seus coleghas canadenses estudaron a actividade serebral das nenas seghundo o uso que se fixo do francés e o chinés durante a súa infansia. Fixoo a partir de ghravasións que contiñan sons característicos do chinés. “Ghran parte da aprendisaxe da linghuaxe acontese na parte máis temperá da vida, antes mesmo de que un neno digha a súa primeira palabra”, explica á axensia SINC Lara Pierce, investighadora do departamento de Psicoloxía da Universidade McGill (Canadá) e unha das autoras do estudo.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

DESCUBREN AUGHA NUN EXOPLANETA


Sientíficos estadounidenses detectaron por primeira ves vapor de augha na atmosfera dun exoplaneta do tamaño de Neptuno, un achado publicado este mércores na revista Nature que permite avansar cara á identificasión de mundos máis alá do noso Sistema Solar con condisións similares ás da Terra.

Ata aghora, só se loghrara analisar a composisión atmosférica de ghrandes exoplanetas ghasosos (similares a Xúpiter), mentres que aghora descubriu a presensia de augha nun corpo cun raio unhas catro veses maior que o da Terra.

O investighador da Universidade de Maryland, Jonathan Fraine e os seus coleghas utilisaron unha técnica chamada espectrometría de transmisión para obter a composisión atmosférica do planeta HAT-P-11b, a unha distancia duns 122 anos lus.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

NON NOS OLVIDEMOS DO ÉBOLA



O virus xa matou máis de 4.500 persoas en África ocsidental. Máis de 430 profesionais sanitarios contaxiáronse neste brote de ébola, deles, 236 teñen morto (seghundo os datos da Orghanisación Mundial da Saúde). A maioría deles eran médicos de familia, enfermeiras ou auxiliares que se infectaron nas súas comunidades.

Trish MPearl sostén nun artigho de investighasión publicado na revista ''Annals of Internal Medicine'', que ghran parte dos sanitarios contaxiados de ébola neste e anteriores brotes se infectaron debido a unha escasa espesialisasión que lhes impediu saber que se enfrontaban a un pasiente de ébola, á falta de medios (tanto de tratamento coma de diagnóstico) e, de xeito definitivo, pola fraxilidade extrema dos sistemas sanitarios onde trabalhan. Pearl sostén que para protexer os trabalhadores sanitarios é tan importante ter o material (como o traxe de protecsión espesial, que non se pode reutilisar e que ten un custo por unidade duns 25€) como un adestramento axeitado.



lunes, 3 de noviembre de 2014

SEN PAXAROS DENTRO DE 100 ANOS?



A poboasión de aves en Europa desendeu en máis de 420 milhóns dende 1980.

Un estudo con datos de 25 países europeos mostra como a poboasión aviaria salvaxe pasou de algho máis de 2.000 milhóns en 1980 a 1.600 milhóns na actualidade. A poboasión aviaria europea desendeu en máis de 420 milhóns de exemplares en tres décadas. É unha estimasión, pero aínda así a sifra é alarmante. Ademais, os cálculos son só para 144 espesies das máis de 500 que hai cataloghadas en Europa. De seghuir a este ritmo, os paxaros desapareserían do continente antes de rematar o século.

 O xenosidio está a afectar ás espesies pequenas e máis comúns. En sidades como Londres ou Pragha, o pardal común practicamente extinghiuse. Ademais do pardal común, as poboasións de andoriña común, birrio común, labercas, varias espesies de perdis ou as bandadas de estorniños xa non son tan comúns como antes. Estímase que o número de andoriñas se redusiu nun 30%, mentres que o dos pardais caeu ata a metade. E iso, en cifras totais, son moitos milhóns.