lunes, 1 de junio de 2015

UN DETECTOR MICROSCÓPICO PARA A SALMINELA

A salmonelose é unha das enfermidades ghastrointestinais máis comúns, que en ocasións chegha a presisar de hospitalisación e incluso pode ser mortal. O consumo de carne de polo contaminada é unha das causas máis habituais á hora de contraer esta enfermidade, rasón pola que as empresas avícolas están obrighadas a realisar controis periódicos mediante o envío de mostras a laboratorios especialisados onde se realisan análises, cuxos resultados poden tardar ata sete días, un tempo que fai imposible remediar o problema.
O traslado desta tecnoloxía a un dispositivo portátil de fásil manexo, permitirá realisar análises ao longho da cadea produtiva o que gharantiría ás empresas un maior control da calidade dos seus produtos e evitaría perdas asosiadas á contaminasións non detectadas a tempo, cun custo inferior ao dos ensaios actuais. Co obxectivo de acheghar unha solución a este problema redusindo de xeito significativo o tempo de resposta das análises, Nanoimmunotech, empresa spin-off xurdida nas universidades de Vigho e Saraghosa, desenvolveu Heatsens_S, un nanobiosensor que é quen de detectar de xeito máis sensible a salmonela en poucas horas, fronte aos métodos tradisionais que requiren un tempo de reposta de análise de aproximadamente unha semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario