lunes, 1 de junio de 2015

UN DETECTOR MICROSCÓPICO PARA A SALMINELA

A salmonelose é unha das enfermidades ghastrointestinais máis comúns, que en ocasións chegha a presisar de hospitalisación e incluso pode ser mortal. O consumo de carne de polo contaminada é unha das causas máis habituais á hora de contraer esta enfermidade, rasón pola que as empresas avícolas están obrighadas a realisar controis periódicos mediante o envío de mostras a laboratorios especialisados onde se realisan análises, cuxos resultados poden tardar ata sete días, un tempo que fai imposible remediar o problema.
O traslado desta tecnoloxía a un dispositivo portátil de fásil manexo, permitirá realisar análises ao longho da cadea produtiva o que gharantiría ás empresas un maior control da calidade dos seus produtos e evitaría perdas asosiadas á contaminasións non detectadas a tempo, cun custo inferior ao dos ensaios actuais. Co obxectivo de acheghar unha solución a este problema redusindo de xeito significativo o tempo de resposta das análises, Nanoimmunotech, empresa spin-off xurdida nas universidades de Vigho e Saraghosa, desenvolveu Heatsens_S, un nanobiosensor que é quen de detectar de xeito máis sensible a salmonela en poucas horas, fronte aos métodos tradisionais que requiren un tempo de reposta de análise de aproximadamente unha semana.

GHERRA CONTRA A UÑA DE GHATO

A uña de ghato é unha planta invasora que está a colonisar as dunas e praias de Ghalisa, desprsando á vexetasión autóctona. Trátase dun dos problemas máis ghraves entre as especies que cheghan de fóra. Sientíficos das tres universidades ghaleghas tentan atalhar este problema.
 Esta planta é orixinaria de Sudáfrica, que se converteu nunha das prinsipais causas de perda de biodiversidade no mundo. Ghalisa está moi afectada por esta espesie que entrou polo Ghrove fai 300 anos. A ausensia de estratexias realmente eficases para deter o avanse desta planta invasora e restaurar as sonas afectadas, están a castighar aos ecosistemas autóctonos, espesialmente a vexetasión dunar, que é moi sensible.
 Na Universidade da Corunha estudan os clons da uña de ghato, que lle permiten reprodusirse doadamente e lhe dan vantaxes sobre o terreo. Na Universidade de Vigho, investighan como o ambiente inflúe na expresión dos xenes desta planta. Este proxecto está tamén coordinado coa Universidade de Santiagho.

jueves, 14 de mayo de 2015

UN BIÓLOGHO COMPOSTELÁN DESCUBRE DÚAS NOVAS ESPESIES DE 'ANIMAL MUSGHO'

Javier Souto descubriu, xunto con outro investighador portughés, dúas espesies novas de broozos na illa de Madeira e outra que en teoría era endémica do Brasil . Estes animais musgho tenhen o nome de Favosipora purpurea e Rhynchozoon papuliferum.

Souto di que “Neste trabalho, non só se descríben dúas espesies de briozoos novas para a siensia, senón que tamén vólvese describir seis espesies xa conhecidas na ilha de Madeira, e unha espesie que se consideraba endémica do Brasil e foi encontrada por primeira ves fóra destas aughas”. 

Para cheghar a estas conclusións, o equipo estudou material recolhido polos propios investighadores e mostras recollidas a finais do século XIX e conservadas no Museo de Manchester, no Reino Unido.


Os briozoos son unhas espesies moi pequenas, que pasan desapersibidas no mar porque forman colonias que semellan ser unha espesie de musgho. Actualmente conhésense unhas 6.000 espesies no mundo, pero estímase que poden existir ao redor de 11.000 espesies.




jueves, 30 de abril de 2015

ÁNGHELES ALVARINHO, PRIMEIRA HOMENAXEADA NO DÍA DA SIENSIA EN GHALISA

 Ángheles Alvarinho, nacida en 1916, foi a primeira sientífica nun buque de investighasión británico e descubriu 22 novas espesies marinhas. Será a primeira homenaxeada no Día da Siencia en Ghalisa, o 1 de xuño.

Esta sientífica ghalegha é a primeira fighura feminina que protaghonisa a reivindicación do valor da siencia feita en Ghalisa a través dos seus representantes históricos máis destacados. 
Foi recoñesida como unha autoridade mundial en sooplancto e ictioplancto.
Morreu no 2005 en San Diegho, donde levaba vivindo e traballando 50 anos.

jueves, 23 de abril de 2015

UN ESTUDO SINALA VIGHO E A CORUNHA COMO NOVAS ÁREAS CON RISCO DE TERREMOTO

Vigho e A Coruña catalogháronse como novas sonas de risco sísmico. Este xoves, así como disían as predicsión, un terremoto de magnitude 2,7  deixouse notar na sidade de Vigho, con epicentro localizado en Nighrán.

Ata a actualidade, a sona de Ghalisa máis sinalada para sismos era a provinsia de Lugho, no triánghulo Sarria-Becerreá-Triacastela. As novas sonas de costa súmanse ao mapa. E coinciden con outro punto de risco sísmico situado no Norte de Portughal.

Na área de Vigo houbo 20 terremotos de máis de 2,5 nos últimos 10 anos.




jueves, 16 de abril de 2015

RÍOS ATMOSFÉRICOS CAUSAN O 90% DAS CHUVIAS INTENSAS EN GHALISA

Raquel Nieto, investighadora da UVIGO.
Hai ríos non soamente na terra, senón tamén no aire. Son os chamados ríos atmosféricos, enormes e continuas correntes de vento que transportan vapor de augha das rexións tropicais ou subtropicais cara latitudes medias. Poden ter ata 400 quilómetros de ancho e 2 de alto. Trátase dunha espesie de ''sintas transportadoras'' no aire que son as culpables de arredor do 90% das precipitasións intensas que se produsen ao longho do ano no oeste da Península Ibérica.

Son datos obtidos pola Universidade de Vigho, liderado por Raquel Nieto e Anita Drumond (Ana foroi premiada como mellor sientífica nova dos MedCLIVAR Young Scientist Award 2014, selebrada en Ankara).

Con este proxecto, que conta cun finansiamento de 93.000 euros por parte da Xunta de Ghalisa, os investighadores queren analisar tamén o outro extremo climatolóxico: as secas. 

jueves, 9 de abril de 2015

ACHAN UNHA NOVA ESPESIE DE CRUSTÁSEO NO GHROVE

Un ghrupo de sientíficos da Universidade de Vigho e o Australian Museum encontrou no Ghrove un novo exemplar de crustáseo endémico de Ghalisa. Denominárono ''Uromunna naherba'' e pertense á orde dos isópodos.
Estes seres están distribuídos en toda clase de medios, espesialmente nos marinhos, aínda que existen tamén espesies terrestres e de augha dose. Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as folhas das plantas como nos rizomas, o talo subterráneo, aínda que as femias que portan ovos tenden a vivir máis nestes últimos.
En ninghún momento o animal se desprasa a ghrandes distansias, xa sexa para colonisar novos hábitats ou para encontrar novos substratos. Por iso, trátase dunha espesie que non nada, senón que camiña sobre o fondo marinho, tanto sobre alghas como plantas. A inventighadora explícamos que a Uromunna naherba non ten aletas coas que nadar nin coas que quedar suspendida na augha para deixarse levar pola corrente, polo que non se desprasa en ghrandes distansias. Só os adultos dalgunhas destas espesies, son capases de nadar, aínda que raramente longhas superfisies.
Os individuos dunha poboasión reprodúsense entre eles, sen que haxa mestura entre poboasións. 
Non son comestibles e, polo tanto, non tenhen interese comersial. A nova espesie encontrouse nas pradarías submarinas en densidades de ata 900 individuos por metro cadrado nalghúns casos. A reprodusión de Uromunna naherba ten lughar ao longho de todo o ano. Non obstante, os sientíficos observaron que as femias  portadoras de ovos son máis frecuentes a finais de primavera e en verán. Este feito coinside co momento do siclo anual da planta no que as folhas e os risomas alcansan o seu máximo tamanho, e pon á súa disposición maior substrato e alimento.