lunes, 3 de noviembre de 2014

SEN PAXAROS DENTRO DE 100 ANOS?



A poboasión de aves en Europa desendeu en máis de 420 milhóns dende 1980.

Un estudo con datos de 25 países europeos mostra como a poboasión aviaria salvaxe pasou de algho máis de 2.000 milhóns en 1980 a 1.600 milhóns na actualidade. A poboasión aviaria europea desendeu en máis de 420 milhóns de exemplares en tres décadas. É unha estimasión, pero aínda así a sifra é alarmante. Ademais, os cálculos son só para 144 espesies das máis de 500 que hai cataloghadas en Europa. De seghuir a este ritmo, os paxaros desapareserían do continente antes de rematar o século.

 O xenosidio está a afectar ás espesies pequenas e máis comúns. En sidades como Londres ou Pragha, o pardal común practicamente extinghiuse. Ademais do pardal común, as poboasións de andoriña común, birrio común, labercas, varias espesies de perdis ou as bandadas de estorniños xa non son tan comúns como antes. Estímase que o número de andoriñas se redusiu nun 30%, mentres que o dos pardais caeu ata a metade. E iso, en cifras totais, son moitos milhóns.


No hay comentarios:

Publicar un comentario