miércoles, 12 de noviembre de 2014

NON NOS OLVIDEMOS DO ÉBOLA



O virus xa matou máis de 4.500 persoas en África ocsidental. Máis de 430 profesionais sanitarios contaxiáronse neste brote de ébola, deles, 236 teñen morto (seghundo os datos da Orghanisación Mundial da Saúde). A maioría deles eran médicos de familia, enfermeiras ou auxiliares que se infectaron nas súas comunidades.

Trish MPearl sostén nun artigho de investighasión publicado na revista ''Annals of Internal Medicine'', que ghran parte dos sanitarios contaxiados de ébola neste e anteriores brotes se infectaron debido a unha escasa espesialisasión que lhes impediu saber que se enfrontaban a un pasiente de ébola, á falta de medios (tanto de tratamento coma de diagnóstico) e, de xeito definitivo, pola fraxilidade extrema dos sistemas sanitarios onde trabalhan. Pearl sostén que para protexer os trabalhadores sanitarios é tan importante ter o material (como o traxe de protecsión espesial, que non se pode reutilisar e que ten un custo por unidade duns 25€) como un adestramento axeitado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario